Corenta nadadores celebran a Arousaman para recadar fondos para loitar contra o dano cerebral adquirido

Por Redacción
A travesía a nado bianual no competitiva, Arousaman, celebrou este sábado unha nova edición en favor do DCA (dano cerebral adquirido). Todos os beneficios obtidos foron destinados á Asociación de Daño Cerebral de Compostela 'Sarela'.
A saída dos participantes produciuse desde a praia de Confín, no Grove, onde estaba Fabiola García, conselleira de Política Social, que felicitou aos organizadores por permitir, a través deste campionato, amosarlle ao mundo a valía das persoas con dano cerebral adquirido e transmitiu o seu ánimo aos nadadores antes de realizar o traxecto que rematou na praia de Coroso, en Ribeira.
En total, 40 persoas chgadas de diversas zonas de Galicia, País Vasco, Andalucía, Castela a Mancha, Castela e León, Madrid, Asturias e Valencia recorreron as 7,04 millas náuticas (13.038 metros) ou a alternativa de 4,5 millas (8.334 metros).
Relacionadas:
-
Decenas de persoas compiten en Vilanova na Travesía a nado #PoloDanoCerebral
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos "da primeira causa de discapacidade entre poboación adulta en Galicia": o dano cerebral adquirido
Por Redacción |
-
Unha charla no centro Patelas de Cuntis para previr o dano cerebral
Por Redacción |
-
'Punto e seguido', unha mostra que representa a vida das persoas con dano cerebral adquirido
Por Sara Iglesias |
-
A colaboración familiar é vital no tratamento de pacientes con dano cerebral
Por Redacción |