O Marín Futsal ficha á internacional brasileira Gaby e renova á súa gardameta Antía
Por Redacción
Dobre movemento no Marín Futsal, cuxo proxecto para debutar na Primeira División empeza a tomar forma.
O club marinense tomoullo moi en serio para demostrar desde o principio que non está de paso na máxima categoría, e nesa liña confirmou a incorporación dunha futbolista contrastada como Gabriela Vila Real 'Gaby'.
A internacional brasileira, tricampioa mundial, é a segunda fichaxe do equipo adestrado por Raúl Jiménez tras a gardameta Silvia Aguete, outra referencia internacional no seu posto.
Cunha ampla traxectoria ás súas costas, Gaby defendeu as últimas tempadas o potente Futsi Atlético Navalcarnero, tras militar en varios equipos do seu país e tamén no Cagliari italiano.
Ademais o Marín Futsal fixo oficial a continuidade de Antía Piñeiro, peza clave no ascenso desde a portería da Raña e que pasará a formar tándem con Silvia Aguete.
Ambas as dúas xogadoras súmanse a un plantel na que xa figuraban a citada Silvia Aguete e as renovadas Ceci e Pau.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal lanza a campaña de abonados para a tempada do seu debut en Primeira
Por Redacción |
-
Café e María León renovan e súmanse ao "proxecto ilusionante" do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal renova á súa capitá, Pau
Por Redacción |
-
Ceci renova co Marín Futsal para o debut na Primeira División
Por Redacción |
-
Silvia Aguete elixe o proxecto do Marín Futsal
Por Redacción |