Café e María León renovan e súmanse ao "proxecto ilusionante" do Marín Futsal
Por Redacción
O Marín Futsal pon o turbo na confección do plantel co que debutará a próxima campaña na máxima categoría nacional, a Primeira División.
O conxunto da Raña confirmou unha dobre renovación que eleva a sete a nómina de futbolistas ás ordes do técnico Raúl Jiménez.
Trátase de dúas xogadoras de peso no equipo que logrou o ascenso, como son Jessica Jineth 'Café' e María León, dous movementos que reforzan "este proxecto ilusionante", sinalan desde a entidade marinense.
Con estas dúas renovacións o Marín Futsal asegúrase gol para o seu novo proxecto deportivo, no que xa figuraban como confirmadas as renovadas Pau, Antía e Ceci e tamén dúas incorporacións, a da internacional brasileira Gaby e da gardameta pontevedresa Silvia Aguete.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal lanza a campaña de abonados para a tempada do seu debut en Primeira
Por Redacción |
-
O Marín Futsal ficha á internacional brasileira Gaby e renova á súa gardameta Antía
Por Redacción |
-
O Marín Futsal renova á súa capitá, Pau
Por Redacción |
-
Ceci renova co Marín Futsal para o debut na Primeira División
Por Redacción |
-
Silvia Aguete elixe o proxecto do Marín Futsal
Por Redacción |