Máis de 1.300 deportistas competirán en Pontevedra no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Diego Espiño
Pontevedra e o tríatlon nacional renovan un ano máis o seu compromiso coa celebración a próxima fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de outubro, do Campionato de España Sprint.
Trátase dunha competición coa que superada a peor fase da pandemia retomamos a celebración de eventos deportivos nos que queremos que participe moita xente e que traian moita xente a Pontevedra",, sinalou na súa presentación o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Tanto é así que participarán no evento "máis de 1.300 deportistas desde cadetes a grupos de idade", confirmou o edil de Deportes, Tino Fernández.
Como en anteriores ocasións, a actividade centrarase na contorna da ponte dos Tirantes, co circuíto de ciclismo discorrendo pola Avenida de Compostela e o tramo de carreira a pé pola subida cara a Monte Porreiro. En total os participantes percorrerán 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a pé.
O Campionato de España comezará ás 9.00 horas do sábado coas eliminatorias das categorías cadete, júnior e xuvenil, con finais destas idades a partir das 14.00 horas e as probas elite ás 17.15 horas para a categoría feminina e as 19.00 horas para a masculina.
Pola súa banda o domingo 3 de outubro terán lugar as competicións de Grupos de Idade, a partir das 9.00 horas da mañá, e o Paratríatlon coa súa primeira saída ás 12.00 horas.
Relacionadas:
-
Pontevedra despide unha fin de semana chea de tríatlon
Por Redacción |
-
Paula Herrero e David Castro, campións de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Nacional de Tríatlon obriga a cortar ao tráfico un tramo da avenida de Bos Aires toda a fin de semana
Por Redacción |
-
Tríatlon, ciclocrós, medio maratón... un outubro de eventos deportivos en Pontevedra que lembra á prepandemia
Por Diego Espiño |