A "recuperación asombrosa" do Waterpolo Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois dunha tempada en branco sen competir pola covid, o Club Waterpolo Pontevedra recuperouse en tempo récord.
Poucos na entidade pontevedresa esperaban vivir o que cualifican como unha "recuperación asombrosa", ao sumar durante o mes de setembro a 35 novos xogadores e xogadoras para os seus diferentes equipos disparando a cifra de licenzas ata os 115 deportistas federados.
Trátase dunha cifra que fai ver o futuro do club con optimismo e á que habería que sumar as xogadoras sénior cedidas ao CW Pabellón Ourense e aos alumnos da escola deportiva municipal de Marín.
Entre as novas incorporacións destacan nove mozas para impulsar o proxecto feminino, xunto ás 12 prazas da escola deportiva municipal e tamén a chegada de catro xogadores absolutos procedentes de varios lugares de España e con experiencia no CW Cartagena, CN La Latina, CN Metropole e CN Jerez.
TORNEO LUSO-GALAICO
Dentro das actividades do Waterpolo Pontevedra, destacou nos últimos días a participación do seu equipo sénior masculino no I Torneo Luso-Galaico Masculino de Waterpolo organizado pola Asociaçao de Nataçao do Norte de Portugal e da Federación Galega de Natación, unha cita que achegou unha gran experiencia para os deportistas pontevedreses, ansiosos de competición.
En total disputaron cinco partidos logrando tres triunfos, un empate e dúas derrotas,