Jéssica Bouzas, coa Selección Española nas finais da Billie Jean King Cup
Por Redacción
Ten só 19 anos pero é xa una das xogadoras de maior proxección do panorama nacional. Así o entende tamén a Real Federación Española de Tenis, que convidou a Jéssica Bouzas a formar parte do equipo nacional que competirá nas finais da Billie Jean King Cup.
Trátase da competición por seleccións máis importante do tenis mundial, anteriormente coñecida como Copa Federación, e cuxa fase final celébrase nesta ocasión na República Checa.
En Praga atópase xa co resto de seleccionadas a tenista arousá, actual número 357 do ranking tras unha gran escalada esta tempada, aínda que no seu caso farao para participar como 'sparring' das súas compañeiras nos adestramentos.
Ante as ausencias das dúas principais raquetas españolas da clasificación WTA, Garbiñe Muguruza e Paula Badosa, representarán ao equipo español Carla Suárez, Rebeka Masárová, Sara Sorribes e Nuria Párrizas, pero coa súa convocatoria a seleccionadora Anabel Medina quixo demostrar a confianza depositada na xove promesa do tenis galego.
A fase final da Billie Jean King Cup disputarase entre o 1 e 6 de novembro en Praga, con 10 nacións participantes, quedando España encadrada no Grupo C xunto a Eslovaquia e Estados Unidos.
Relacionadas:
-
Segundo triunfo do ano para Jéssica Bouzas, que gaña o torneo W15 de Palmanova
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas levanta o seu primeiro título do ano no W15 de Villena
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas e Celia Cerviño pechan a tempada co seu mellor ranking WTA
Por Diego Espiño |
-
Jessica Bouzas cae en tres sets ante a número 92 do mundo na previa do Master 1000 de Madrid
Por Redacción |
-
A arousá Jessica Bouzas, convidada á fase previa do Master 1000 de Madrid
Por Redacción |