O Campionato Galego de Campo a través aterra na Illa das Esculturas
Por Redacción
O atletismo autonómico ten unha cita o vindeiro domingo 7 de novembro en Pontevedra co Campionato Galego de Campo a través que terá como sede un lugar privilexiado como a Illa das Esculturas.
A Sociedad Gimnástica asumiu contrarreloxo a organización do campionato, co apoio do Servizo Municipal de Deportes e da Federación Galega de Atletismo, nunha cita que prevé alta participación de atletas.
En concreto competirán na Boa Vila deportistas en categorías absoluta, sub-23 e sub-20 por equipos, sub-16 e sub-18 individual e por equipos e as remudas absolutas mixtas.
"Tratarase de tres campionatos Xunta de Galicia de Campo a través que darán comezo ás 10:00 horas, sendo a primeira carreira a remuda absoluta mixta, na que os clubs poderán formar equipo con dous atletas masculinos e dous femininos que pertenzan ás categorías sub-20 ou superiores", explica o edil de Deportes, Tino Fernández.
"Unha vez finalizada as remudas, comezarán o resto das probas, por orde de menor a maior", completa o director deportivo da Gimnástica, Santi Ferrer.