Dunja Buzazdin, a MVP serbia que fai soñar ao Arxil cos playoff
Por Redacción
O Arxil afrontou a pasada fin de semana una das saídas máis difíciles da tempada e non defraudou. As verdes están a ofrecer este ano a mellor versión das últimas tempadas e unha das responsables é a serbia Dunja Buzazdin.
No duelo disputado en Málaga entre as segundas e terceiras clasifiacadas do grupo A, a xogadora exterior deu todo un recital de xogo ofensivo e conduciu ao bloque galego a unha vitoria tan axustada como valiosa que mantén ao Arxil como cólider do grupo.
A balcánica asinou 34 puntos, cunha serie de 8 de 14 tiros de 2 e cinco de oito en triplos. Anotou tamén os tres tiros libres que lanzou e completou a súa actuación con tres rebotes, dúas asistencias e cinco faltas forzadas para alcanzar un total de 29 puntos de valoración, o topo da semana nesta categoría.
Con capacidade para desenvolverse na posición dun ou de dous, a Buzazdin defínena a súa calidade no tiro exterior e o seu voraz apetito anotador.
Na súa primeira experiencia fóra da súa Serbia natal, esta xogadora de 26 anos está promediando 16.5 puntos, 4.3 rebotes e 2.5 asistencias por encontro, nos once disputados no CB Arxil.
Relacionadas:
-
Carla Fernández di adeus á tempada co Arxil ao ter roto o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Redacción |
-
O Arxil encara o novo ano coa ilusión de facer historia na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil segue de doce e supera o Córdoba (71-58)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Traballado triunfo do Arxil na súa visita ao Unicaja (75-83)
Por Redacción |
-
O Arxil remonta e reencóntrase coa vitoria 'in extremis' contra o Maristas Coruña (61-57)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil perde o liderado e a imbatibilidade na súa visita a Almería (65-45)
Por Almu Dapena |