Tino Fernández prepárase para correr a San Silvestre
Por Redacción & Cristina Saiz
Coa vista posta en participar na San Silvestre, o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, equipouse de arriba abaixo para comezar a quentar motores e mellorar a súa condición física para tentar completar o percorrido deste ano.
Acompañado por uns adestradores de luxo como son o laureado Víctor Riobó, director deportivo da proba; Charo Castro, presidenta da Sociedad Gimnástica; e Paula Martín, atleta do club pontevedrés, Tino Fernández aproveitou a soleada mañá deste sábado para trotar pola Illa das Esculturas e promocionar a carreira, que este ano chega en formato e localicación diferentes.
Cambiando as rúas do centro da cidade polo entorno campestre da Xunqueira de Alba, a clásica do 31 de decembro contarán cun circuíto de 2.900 metros completamente pechado ao tráfico e evitando as aglomeracións de público.
Ademais, as saídas están divididas en diferentes horarios cun máximo de 150 persoas en cada unha delas e, que sairán cada 20 minutos. A primeira está prevista para as 10:30 horas e a última, para as 17:40 horas. O máximo de participantes será de 2.550.
Relacionadas:
-
A San Silvestre acelera nas inscricións e esgota todas as súas prazas en horario de tarde
Por Diego Espiño |
-
A Xunqueira de Alba acollerá unha San Silvestre "menos rara que a anterior, pero xa lle chega"
Por Diego Espiño |
-
Unha San Silvestre "o máis normal que se poida"
Por Diego Espiño |
-
Comida por camisetas da San Silvestre, unha campaña en favor do Banco de Alimentos
Por Redacción |