A San Silvestre acelera nas inscricións e esgota todas as súas prazas en horario de tarde
Por Diego Espiño
A pesar das dúbidas que xera a pandemia, a XXXVIII San Silvestre de Pontevedra camiña con paso firme e xa esgotou todas as prazas dispoñibles para as saídas programadas durante a tarde do próximo 31 de decembro.
Cabe lembrar que para adaptarse á actual situación a organización da popular proba deportiva, a cargo da Sociedad Gimnástica co apoio do Servizo Municipal de Deportes, decidiu trasladar a proba a un espazo amplo como A Xunqueira de Alba repartindo aos participantes en 17 saídas de 150 corredores cada unha ao longo de toda a xornada, de 10.30 a 13.50 horas e de 16.00 a 17.40 horas.
A hora habitual da San Silvestre, as 17.00 da tarde, foi a primeira en completarse, e seguíronlle o resto de saídas desde as 16.00 horas cun total de 900 rexistrados.
A eles súmanse os anotados nas quendas matinais que fixeron que se cubran xa máis da metade das 2.550 prazas dispoñibles. En concreto á primeira hora deste mércores 22 eran xa 1.379 os pontevedreses que confirmara a súa presenza na gran festa deportiva coa que se despide o ano na cidade.
As inscricións, de balde como de costume, manteranse abertas ata o vindeiro domingo 26 de decembro na páxina web da Gimnástica, www.sgpontevedra.com.
Relacionadas:
-
Sempre solidaria San Silvestre de Pontevedra, recadando 2,3 toneladas de alimentos non perecedoiros
Por Redacción |
-
Rara e solleira San Silvestre para despedir o ano como marca a tradición
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Operativo de tráfico con motivo da celebración da San Silvestre
Por Oskar Viéitez |
-
A San Silvestre supera os 2.000 corredores e pecha a inscrición en liña
Por Redacción |
-
Tino Fernández prepárase para correr a San Silvestre
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Xunqueira de Alba acollerá unha San Silvestre "menos rara que a anterior, pero xa lle chega"
Por Diego Espiño |