O Arxil extrema as precaucións na súa volta a actividade
Por Redacción
O Arxil volve este mércores aos adestramentos despois do parón do Nadal. Todas as xogadoras someteranse a un test de antíxenos para certificar que ninguén se contaxiou durante as vacacións para, a continuación, poñerse ás ordes de Mayte Méndez.
Como consecuencia do aumento da incidencia, ademais de realizar probas previas a primeiro adestramento, as verdes non poderán facer uso dos vestiarios para evitar contactos directos e en lugares pechados. Unha orde que se aplica tamén aos equipos de primeira nacional, júnior, cadetes e o resto da base. Ademais, en categorías inferiores os adestramentos realizaranse con máscara.
O CB Arxil ten previsto disputar o seu torneo de nadal o 4 de xaneiro. A liga regresará o día 9 de xaneiro coa visita ao Vega Lagunera canario.