Respira o Pontevedra xuvenil (2-1) a costa do colista CD Roces
Por Redacción
Con apuros o Pontevedra xuvenil impúxose ao colista, C.D. Roces, sumando tres puntos que lle permiten abandonar provisionalmente as últimas posicións da táboa. Tomás, aos 10 minutos, adiantaba ao equipo local nunha das primeiras accións de perigo.
O equipo asturiano conseguía empatar nada máis comezar o segundo tempo. Buba sería o autor do gol da vitoria granate, cando se cumpría a hora de xogo. Desde aquí ata o final o Pontevedra controlou o partido ata certificar unha importante vitoria fronte a un rival directo.
PONTEVEDRA (2): Álex; Dani, Iago (David, min. 55), Nico, Brais, Bruno, Jaime (Gonzalo, min. 75), Tomas, Buba, Jose (Roberto Otero, min. 45) e Agustín (Mario, min. 85).
C.D. ROCES (1): Guillermo; Reyero, Rodríguez, Mateos, Gabancho, Christian, Guillermo (Raúl, min. 68), Tabares (Diego, min. 72), Bruñel (Mario, min. 26), Sergio e David.
Árbitro: García Parrado (Pontevedra). Amonestó a Álex, Tomás e Gonzalo, polo Pontevedra e a Tabares, Reyero e Christian, polo cadro asturiano.
Goles: (1-0) Minuto 10: Tomás. (1-1) Minuto 46: Mario. (2-1) Minuto 58: Buba.
Incidencias: Sintético da Xunqueira (Pontevedra). Uns 100 espectadores.