O Villalonga deixa atrás as dúas últimas derrotas cunha remontada ante o Valladares (3-4)
Por Redacción
O Villalonga de Julián Ferreiro reinou na tolemia goleadora da Gándara para levar un valioso triunfo no campo do Valladares (3-4).
Pero tiveron que suar de xeito abondo os celestes, remontando ata en dúas ocasións un resultado adverso tras adiantarse os locais co 1-0 e o 2-1.
Non desfaleceu o Villalonga e grazas aos tantos de Jorge Fernández, Cuqui, Juanito e Ero, en propia meta, situaron un 2-4 que encarrilou o choque. A vantaxe só se reduciu co tardío gol de ÿscar para o Valladares.
Con este triunfo o Villalonga esquece os seus dúas últimas derrotas para establecerse na cuarta praza da clasificación con 19 puntos.
CD VALLADARES (3): Denís, Canella, Nacho (Joel, min.83), Manu (Ramilo, min.79), Cristian. Miguel, Calado (David, min.79), Bruno, Ero, Tomás (Magdalena, min.66), ÿscar.
VILLALONGA FC (4): Albor, Leo (Gabi, min.68), Saúl, Arias, Adrián, Cuqui, Rego, Cristóbal, Antonio, Juanito (Iago, min.85), Jorge Fernández (Héctor, min.80).
Árbitro: Gil Caldelas (Santiago). Amoestou aos locais Bruno, Ero e Cristian e aos visitantes Adrián, Leo e Antonio.
Goles: 1-0 ÿscar, min.15; 1-1 Jorge Fernández, min.20; 2-1 Nacho, min.25; 2-2 Cuqui de penalti, min.28; 2-3 Juanito, min.35; 2-4 Ero en propia puerta, min.70; 3-4 ÿscar, min.89.
Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara.