O proxecto 2022 do Froiz ponse en marcha
Por Redacción
O inicio da tempada esta ao virar a esquina para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
A escuadra pontevedresa afrontará en 2022 o 34º curso dentro do pelotón nacional, e farao co obxectivo de manterse entre os mellores equipos do ranking elite e sub-23 tras o seu segundo posto do pasado ano.
A formación dirixida por Evaristo Portela ten previsto debutar os días 19 e 20 de febreiro en Almagro, Ciudad Real, pero antes levará a cabo a súa tradicional concentración de pretempada na que reunirá a todos os seus corredores.
Estas xornadas de adestramento e convivencia entre os ciclistas desenvolveranse desde o luns 14 ao venres 18 de febreiro, data na que está prevista a oresentación oficial do equipo.
Tras estes días o Froiz escollerá aos ciclistas en mellor forma para afrontar as primeiras competicións do ano, nas que aparece xa no horizonte a Copa de España Elite e Sub-23 que dará comezo o 27 de febreiro en Don Benito, Badaxoz, co Circuito do Guadiana.
Relacionadas:
-
Carmelo Urbano estréase co Froiz conseguindo un triunfo de etapa no Memorial Manuel Sanroma
Por Redacción |
-
Aposta pola xuventude nun Supermercados Froiz con 11 novas incorporacións
Por Diego Espiño |
-
O Supermercados Froiz ficha o ex profesional Carmelo Urbano
Por Redacción |
-
Volta ás orixes do Froiz apostando por unha estrutura de ciclocrós
Por Redacción |