O Arosa, contra o cansazo na visita da Gimnástica Segoviana
Por Diego Espiño
Sen apenas descanso tras recuperar xornada perdida entre semana na casa do Arenteiro, o Arosa afronta un novo compromiso na Segunda RFEF e faino ante outro rival directo pola permanencia.
Este sábado (19.00 horas) visita A Lomba a Gimnástica Segoviana, equipo que con tres puntos menos na táboa ocupa actualmente o posto de play-out, empatado co descenso directo.
Trátase por tanto dun encontro vital para as aspiracións dos de Jorge Otero, que espera "un partido duro e difícil polos dous que levamos, pero creo que o premio é moi importante como para non facer un esforzo enorme".
O técnico dos de Vilagarcía pide apoio á afección porque "os imos a necesitar" para conseguir "tres puntos que serían importantísimos".
O pouco descanso verase reflectido no once inicial que ten na cabeza Otero, xa que o preparador anuncia que "posiblemente cambiemos" introducindo homes de refresco porque "hai xogadores que levan moitos partidos".
O encontro na Lomba entre Arousa e Gimnástica Segoviana será arbitrado polo asturiano Eduardo Rodríguez García.