O Waterpolo Galaico recibe ao Santiago nun choque entre favoritos ao título
Por Redacción
Os finalistas das dúas últimas edicións da Primeira División Galega de waterpolo enfróntanse este sábado en Pontevedra. O Waterpolo Galaico recibe ao Santiago (17:00 horas, piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva) en busca do liderado da categoría.
Ambos os dous equipos disputaron o último fin de semana de setembro a primeira edición da Supercopa Galega, onde se impuxeron os pontevedreses por 15 a 9.
Tras o encontro disputaranse tamén dous choques de base coa Liga Galega de mini-waterpolo alevín e a Liga Galega en idade cadete.