Dous postos de finalista, balance da Gimnástica no Nacional Sub-23
Por Redacción
O Campionato de España de Pista Cuberta en categoría sub-23 celebrado o 19 e 20 de febreiro en Salamanca deixou dous postos de finalistas para a Sociedad Gimnástica.
Un bo balance para o club pontevedrés, con especial mención á proba de velocidade dos 60 metros lisos femininos, nos que que Cristina Garrido conseguiu meterse na final para terminar nun meritorio sexto posto correndo nas súas mellores marcas. Ademais na mesma disciplina Lucía Ferrer clasificouse para as semifinais por tempos cun rexistro de 7,82 igualando o seu mellor rexistro persoal.
O outro posto de finalista foi o conseguido por Andrea Villaverde ao ser quinta no salto de lonxitude mellorando o seu mellor salto ata a data con 5.70 metros.
Pola súa banda o cuarto atleta da Gimnástica en competición, o recentemente fichado Lucas Lorenzo non tivo fortuna nos 60 valos, xa que tras unha boa saída sufriu un tropezón nun obtáculo que lle relegou á sexta praza da súa serie e deixoulle fóra da semifinal.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS
O club pontevedrés tamén tivo representación no Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno celebrado en Motril, con Anxo Simón conseguindo sexto cun mellor intento de 51,14 metros e Carlos Revuelta décimo en lanzamento de martelo con 58,37 metros.