Marino de Luanco, unha volta despois do partido que supuxo un punto de inflexión para o Pontevedra
Por Diego Espiño
Hai partidos que marcan un antes e un despois nunha tempada, que supoñen un punto de inflexión, e ninguén dubida que para o Pontevedra unha desas citas foi a da sexta xornada de liga no campo do Marino de Luanco, na que logrou a súa primeira vitoria do curso e fíxoo de maneira contundente supoñendo todo un golpe de moral que deu paso a unha espectacular serie positiva.
Ata esa cita todo eran dúbidas na casa granate, que con catro empates e unha derrota no arranque ligueiro estaba metido en postos de descenso (15º). Os erreros defensivos penalizaban en exceso a un equipo que non lograba dar coa tecla no seu xogo e sobre todo na solidez que se lle esixe a un aspirante o máis alto.
Iso cambiou en Luanco, cun coque redondo que finalizou cun rotundo 0-3 e que supuxo o despegamento dos de Ángel Rodríguez. O técnico introduciu cambios na aliñación atopando ese día un once que, con variación especialmente pola lesión de Rufo, acabou por consolidarse. Pablo Cacharrón ocupou por exemplo o posto baixo paus en lugar de Álvaro Cortés e Miguel Román gozou da súa primeira titularidade.
Foi o punto de partida a un xeira positiva que lle fixo gañar catro partidos consecutivos ata a súa visita ao campo do Unión Adarve (derrota 2-1), pero é que ese foi o seu único partido perdido en 14 xornadas, cedendo só outros dous empates e acumulando ata 11 triunfos nese período (35 puntos de 42 posibles). Entre medias o xogo do equipo foi crecendo e parecéndose cada máis ao que demandaba Ángel Rodríguez para colocarse segundo na táboa, máximo goleador do grupo e como principal favorito para a maioría de rivais para ocupar a única praza de ascenso directo, con permiso dun Adarve que parecía non fallar.
Chegaron despois dúas derrotas seguidas coincidindo tamén cunha baixada de rendemento do líder, un menor acerto ao que se deu carpetazo de maneira contundente o pasado domingo no Carballiño para poñerse por primeira vez a tiro de pedra do líder xusto cando se cumpre unha volta desde aquel 10 de outubro en Asturias.
Agora será o Marino de Luanco o que visite o Estadio Municipal de Pasarón (domingo 27 de febreiro, 17.00 horas) pechando o círculo, pero as sensacións e sobre todo a confianza dos granates é ben distinta, co obxectivo do primeiro posto entre cella e cella, mentres que o seu rival atópase coa auga ao pescozo en postos de descenso.
Poucos o terían creído a principios do mes de outubro.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez incide no penalti non pitado a Brais Abelenda: "Es imposible que no lo haya visto, lo hemos visto todos"
Por Almu Dapena |
-
O árbitro, triste protagonista nun polémico empate do Pontevedra contra o Marino (0-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez: "Para moitos o gusto é que xogue con dous dianteiros fixos, Charles e Rufo, pero para min o gusto é outro"
Por Diego Espiño |
-
Rufo recupera o sorriso e deixa atrás a sombra da súa lesión: "Pensaba que me ían a quedar secuelas"
Por Diego Espiño |
-
O dobrete de Seoane suma á defensa ao festival goleador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "El equipo ha vuelto a ser el que era fuera de casa"
Por Almu Dapena |
-
Sólido triunfo do Pontevedra no Carballiño (1-5) para colocarse a tiro de pedra do líder
Por Diego Espiño |
-
Vitoria para crecer dun sólido Pontevedra en Luanco (0-3)
Por Diego Espiño |