Falece un xogador da S.D. Romai cando disputaba un partido en Cambados
Por Almu Dapena
Juan Carlos Goldar, xogador de 50 anos da SD Romai, faleceu duante esta madrugada despois de sufrir unha mala caída no partido no que se enfrontou o seu equipo no campo de fútbol de O Pombal, en Cambados, contra o Cafetería Vilariño.
O xogador, veciño de Portas, saltou a disputar un balón e caeu mal, impactando con forza contra o chan. Conseguiu levantarse pero pouco despois volveu caer mareado, alertando todos os presentes no campo.
O home foi trasladado de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro, sufrindo polo camiño dúas paradas cardiorrespiratorias. Aínda que o 061 conseguiu recuperalo, quedou ingresado no hospital onde lle realizaron unha intervención de urxencia pero faleceu de madrugada.
Esta é a segunda traxedia que sofre o Romai este ano despois de que no mes de xaneiro vivise a tráxica morte do xogador do primeiro equipo, Izan Garrido, de vinte anos, que faleceu facendo montañismo en Asturias.
Equipos como o CD Portas quixeron mostrar as súas mostras de apoio e "máis sinceras condolencias a toda a familia d SD Romai e ou equipo de veteranos pola terrible perda sufrida. Eterno Capitán, excelente deportista e mellor persoa. D.E.P Juan Carlos".