O Arosa sementa afección coa visita de dous xogadores ao colexio Filipenses
Por Manu Otero
Os xogadores do primeiro equipo do Arosa Oumar Sidibe e Álex Cobo, acompañados polo adestrador da canteira Javi Sánchez, visitaron este mércores ao alumnado de terceiro de Educación Primaria do Colexio Sagrado Familia Filipenses, en Vilagarcía, nunha actividade promovida polo profesor de inglés do colexio, Carlos de Rada.
Sidibé e Cobo compartiron vivencias cos nenos e nenas, responderon as súas preguntas e xogaron un partido no patio do cole entre 3º A e 3º B que levantou unha gran expectación. Javi Sánchez, pola súa banda, falou dos valores do deporte e animou aos rapaces para seguir practicando diferentes actividades deportivas.
Unha actividade que, de seguro, encheu de ledicia á cativada, que puido ver de preto e mesmo xogar cos seus ídolos locais. Algo que tamén lles gustaría experimentar a outros pequenos afeccionados doutros equipos da contorna.
Desde o Arosa queren dar as grazas a Carlos De Rada e ao Colexio Filipenses pola invitación e a acollida.