Triunfo vital para o Arosa á conta do pechacancelas Ceares (3-1)
Por Almu Dapena
Obxectivo cumprido para o Arosa, que recupera impulso na pelexa por la permanencia despois de superar este domingo por 3-1 o pechacancelas Ceares. O conxunto arlequinado púxose co partido de cara nada máis comezar grazas aos goles de Luismi (minuto 3) e Julio Rey (minuto 4) e só tivo que aguantar o asedio dun combativo cadro asturiano para facerse con este triunfo que sabe a ouro.
Púxose de fronte o partido nada máis comezar para o Arosa, que bicou o santo na súa primeira chega a área rival cun gol de Luismi. O xogador arlequinado, tras unha parede de manual pola banda esquerda con Julio Rey, plantouse diante de Kike Martínez ao que bateu cun disparo axustado.
Sen tempo para a reacción devolveu o golpe o cadro local. Sacou de centro o Ceares, que moveu o esférico cara un Edu García que estaba presionado por Julio Rey. Controlou mal o central asturiano e o capitán, o máis listo da clase, anticipouse para roubarlle a carteira e superar no man a man a Kike.
O escenario púxose da mellor forma para o Arosa, mentres o Ceares, que non se xogaba nada, empezaba a dar mostras de querer complicar o partido ao equipo vilagarcián. De feito, Óscar Fernández e Carlos Madeira convertéronse nun pesadelo para a defensa arousá, que se tivo que empregar a fondo #ante o asedio rival.
Primeiro salvou Pedro García o tiro de Madeira tras pase atrás de Óscar e logo este, tras unha xogada individual por banda dereita, entrou na área para sacar un 'pase da morte' ao que, por fortuna para o Arosa, non puido chegar ningún xogador do Ceares.
Aos poucos foi recuperando o ritmo o cadro adestrado por Jorge Otero, que estivera practicamente 15 minutos sen xerar perigo na portería de Kike. Unha delas foi unha xogada pola banda esquerda que se estrelou no brazo dun defensor que estaba dentro da área pero que o colexiado non interpretou como penalti e outra unha falta afastada de Cotilla que atallou Kike sen problemas.
A segunda parte comezou con dominio do Ceares, mentres o Arosa non daba coa tecla de atoparse cómodo defensivamente e deixaba espazos que aproveitaba o cadro visitante para xerar perigo, sobre todo á contra.
Con todo, foron os de Vilagarcía os que devolveron o golpe para sentenciar. Corría o minuto 65 e Mon, que acababa de ingresar no terreo de xogo, sacou un centro desde a banda esquerda que bateu no defensor Sergio Orviz e coouse no interior da portería.
Parecía que o partido estaba controlado para o Arosa, pero o gol Ceares quería o gol e ao final conseguiuno. Óscar Fernández, que tanto o tentou na primeira metade, converteuse no autor do 3-1 que parecía complicar a existencia aos locais.
Sufría e sufría o cadro arlequinado, que seguía perdendo balóns no medio centro que aproveitaba o Ceares para xerar perigo e obrigar a Álex Cobo a empregarse a fondo para manter o 3-1 co que se alcanzou o asubío final.
Relacionadas:
-
O Salamanca sentencia o Arosa na primeira parte (4-0)
Por Redacción |
-
O Arosa, a por outra final pola permanencia en Salamanca: "É un partido importante pero non definitivo"
Por Almu Dapena |
-
O Arosa sementa afección coa visita de dous xogadores ao colexio Filipenses
Por Manu Otero |
-
Prohibido fallar para o Arosa na Lomba na visita do pechacancelas Ceares: "É unha partido trampa"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa rescata un punto contra o Langreo pero segue en apertos (1-1)
Por Redacción |
-
O pesadelo do Arosa continúa tras caer na Lomba co Palencia Cristo (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Amargo empate sen goles entre Arosa e Avilés na Lomba
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |