Os contragolpes amargan o Cisne na súa visita o Barça B (37-34)
Por Almu Dapena
Os contragolpes e o rápido xogo do Barça B truncaron as opcións do Club Cisne Balonmán de asaltar a cancha do filial blaugrana este sábado. Tras unha primeira parte de claro dominio local, o cadro pontevedrés conseguiu darlle a volta ao marcador na segunda metade grazas a unha excelente actuación de Roney Fancini, pero lonxe de aproveitar a pequena renda conseguida, víronse excedidos nos instantes finais polo empuxe dun rival que sentenciou por 37-34.
O partido arrincou cun ritmo e unha efectividade altísima en ataque para ambos os conxuntos que se saldou cun parcial de 3-3 aos tres minutos de xogo. Foi o Barça o que conseguiu unha mínima renda de dous goles ao momento (5-3), pero o Cisne non tardou en refacerse para volver empatar un encontro que acababa de comezar pero que estaba a ser vibrante (5-5).
Con todo, a precisión en ataque do club pontevedrés empezaba a flojear diante da muralla defensiva blaugrana, o que provocou que o conxunto local abrise a maior brecha no marcador ata o momento (9-6) e que se mantivo ata alcanzado o minuto 20, cando Jabato decidiu para o cronómetro para tentar poñerlle as pilas aos seus xogadores (14-11).
Conseguiu o Cisne por un momento reducir distancias en ata un gol aproveitando a exclusión de Orial Zarzuela, pero o filial, lonxe de baixar os brazos, seguiu facendo camiño para colocar unha renda de catro tantos coa que se alcanzou o descanso (21-17).
Mellorou de forma notable o club pontevedrés despois do descanso cun parcial de 0-2, pero unha dobre exclusión (Bruno Vázquez e Dás Neves) devolveu a vantaxe a un Barça que empezaba a perder efectividade. De feito, emerxeu a figura de Roney Franzini baixo paus para volverse decisivo mesmo desde os sete metros, realizando ata seis paradas seguidas coas que o Cisne se poñía por diante por primeira vez en todo o partido aos dez minutos da segunda metade (23-25).
Parou o tempo o técnico do filial blaugrana e recuperaron o dominio grazas a senllos contragolpes que pillaban aos de branco descolgados e cos que volvían poñerse por diante (30-28).
Esta vez foi a quenda de Jabato de pedir tempo morto. Quedaban pouco máis de 12 minutos por disputarse e non había opción a baixar os brazos, pero nun visto e non visto, o Barça, guiado polo letal Oriol Zarzuela, ampliou a súa renda en ata 4 goles e complicaba a un Cisne obrigado a reaccionar (33-29).
E aínda que os de Pontevedra tiveron opcións de rascar algo do duelo, chegando a colocarse a dous goles do empate (33-31), os locais pisaron o acelerador na recta final e romperon o guion dun partido que alcanzou o asubío final cun 37-34.
A pesar desta derrota, o Cisne segue segundo empatado a 15 puntos cun Guadalajara que perdeu na súa visita ao Puerto Sagunto (28-23), que ascende posicións para colocarse no terceiro banzo a tan só un punto de segundos e primeiros.
Relacionadas:
-
Un Cisne moi superior atropela o Málaga e dá un paso de xigante cara o ascenso (31-22)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Vitoria cómoda do Cisne sobre o Ibiza para seguir soñando co ascenso (25-32)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne arroia a Puerto Sagunto na segunda parte (31-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Saídas difíciles para un Teucro coa auga ao pescozo e un Cisne metido na pelexa polo ascenso
Por Redacción |
-
A Federación concede ao Cisne a organización do seu Sector Nacional e o Teucro terá que viaxar a Zarautz
Por Manu Otero |
-
Vitoria de ouro para o Cisne ante un combativo Eón Alicante (29-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Empate 'in extremis' e polémico para o Cisne na súa visita o Málaga (29-29)
Por Almu Dapena |
-
Os nervios e a présa condenan ao Cisne ante o Ibiza (27-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |