Entrega da medalla de ouro da cidade para o Arosa SC nun acto que se celebrará o 30 de abril
Por Redacción
O Arosa S.C. recibirá o sábado 30 de abril a máxima distinción de honra que concede o Concello de Vilagarcía de Arousa. Coa entrega da medalla de ouro da cidade recoñécese ao club de fútbol a súa traxectoria.
Este acto desenvolverase durante o pleno extraordinario convocado para as 11.00 horas dese sábado en Ravella, despois de que esta decisión fose aprobada por unanimidade da corporación municipal en novembro de 2021.
O premio supón o recoñecemento aos 75 anos de historia do Arousa Sociedade Cultural e da súa traxectoria deportiva. Entre outras cuestións tense en conta a dimensión social impulsada ao longo deste período de existencia e promocionar a Vilagarcía por diferentes cidades e localidades de Galicia e de España.
No expediente de honra rememórase a evolución do club desde a súa fundación en 1945 coa difusión da actividade deportiva entre a cidadanía e a imaxe que o club trasladou da vila cara ao exterior.
A entidade que preside Manuel Abalo xa recibiu durante os últimos meses varios recoñecementos con motivo do ascenso de categoría a 2ª RFEF, cunha recepción oficial. Ademais, o goberno local enconmendó ao equipo de futbol encargarse do pregón das festas de San Roque deste 2022.
O Arosa S.C. é o club que formou máis tempo na Terceira División de Galicia, ademais xogou en Segunda División Nacional e durante sete tempadas formou parte da Segunda B. Grazas ás súas relacións co club Leixoes, de Portugal, xerouse unha irmandade entre Vilagarcía e a vila de Matosinhos. Durante o acto lembrarase a todas aquelas persoas que integraron as diversas directivas da sociedade do mesmo xeito que aos xogadores que militaron no club.
Relacionadas:
-
Vilagarcía entrega a medalla de ouro da cidade ao Arosa
Por Redacción |
-
A 'Marea Granate' desborda as previsións para o derbi da Lomba
Por Redacción |
-
Luisito desembarca no Arosa para o que queda de tempada e unha máis: "Non é unha situación insalvable"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa declara o derbi co Pontevedra como "medio día de axuda ao club"
Por Redacción |