O Arosa declara o derbi co Pontevedra como "medio día de axuda ao club"
Por Redacción
Os socios do Arosa deberán pasar por despacho de billetes para presenciar o esperado derbi do próximo domingo 17 de abril (17.00 horas) na Lomba fronte ao Pontevedra Club de Fútbol.
A directiva dos de Vilagarcía decidiu declarar o encontro como "medio día de axuda ao club".
Desta forma os abonados arosistas deberán retirar un suplemento que se fixou en 10 euros para a bancada de Tribuna e de 7 euros para as de Preferencia e os fondos. Non pagarán os socios con carné especial, os menores de 15 anos nin os xogadores da base.
No que respecta ao prezo das entradas para o público xeral, serán de 20 euros en Tribuna e de 15 euros en Preferencia e fondos.
Os socios do Arosa poderán retirar o seu suplemento todos os días da semana a pesar das datas festivas, nas oficinas da Lomba en horario este mércores de 10.00 a 12.00 e de 17.00 a 19.00 horas e o xoves, venres e sábado de 10.00 a 12.00 horas, ademais de no despacho de billetes do estadio o propio día do partido.
Relacionadas:
-
Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Entrega da medalla de ouro da cidade para o Arosa SC nun acto que se celebrará o 30 de abril
Por Redacción |
-
Martín Diz, un vilagarcián que se estrea na Lomba... de visitante: "Vai ser especial"
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' desborda as previsións para o derbi da Lomba
Por Redacción |
-
Luisito desembarca no Arosa para o que queda de tempada e unha máis: "Non é unha situación insalvable"
Por Diego Espiño |
-
Jorge Otero, destituído como adestrador do Arosa: "Oxalá que o equipo consiga o obxectivo"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa envía ao Pontevedra 300 entradas para o derbi da Lomba
Por Redacción |
-
O Salamanca sentencia o Arosa na primeira parte (4-0)
Por Redacción |