O Waterpolo Pontevedra toma vantaxe na final pola liga galega feminina absoluta
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra impúxose ao RCN Vigo no partido de ida da final polo título de Liga Galega Absoluta Feminina de División de Honor. Cun resultado de 9-11, o equipo formado polas escuadras pontevedresa e ourensana colle vantaxe de face ao partido de volta que se disputará o 28 ou 29 de maio en Pontevedra.
O equipo do CW Pontevedra comezou o partido cunha boa defensa e moi activas en ataque, adiantándose desde o principio no marcador. Un gran segundo cuarto fixo que o CW Pontevedra fósese distanciando para chegar cun cómodo 3-8 ao ecuador do partido. No terceiro cuarto, lonxe de poder sentenciar o partido, o CW Pontevedra desaprovechó numerosos contraataques.
Cun 4-11 a principio do último cuarto, o equipo formado polas mozas do CW Pontevedra e CW Pabellón Ourense deixou que o RCN Vigo fose recortando distancias. Mentres que as visitantes fallaban ocasións con superioridade, as locais sacaron provecho deses erros conseguindo dous penaltis a favor nos últimos segundos do partido.
Pese a eses erros cometidos no último cuarto, as mozas de Pontevedra e Ourense fixeron un gran partido que esperan repetir na volta ante a súa afección.
Con todo, o compromiso máis inmediato pasa pola fase de ascenso a 1ª División Nacional Feminina que o CW Pontevedra disputará o 7 de maio na piscina da Escola Naval Militar de Marín (partido de ida) e en Murcia o sábado 14 de maio, xogándose unha praza en Nacional fronte ao CW Murcia.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra asina un partido brillante contra o Murcia e encarrila o ascenso a Primeira Nacional (20-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Waterpolo Pontevedra recibe o apoio das institucións para afrontar o playoff de ascenso a Primeira
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra busca o pleno na Copa Galicia masculina e feminina
Por Redacción |
-
Presentación 'máxica' do Waterpolo Pontevedra para a nova tempada
Por Redacción & Cristina Saiz |