Segunda derrota do curso para o Teucro nun emocionante derbi ante o Chapela (24-23)
Por Redacción
O Pavillón Municipal de Chapela foi o escenario dun apaixonante derbi entre Chapela e Teucro (24-23) que non se decidiu ata o último segundo.
O partido seguiu o guión esperado, coas defensas marcando a pauta e unha igualdade máxima entre os dous equipos, que en toda a primeira metade se alternaron no dominio do electrónico sen poder escapar a máis dun tanto.
Tras o descanso, ao que se chegou con empate a 11, a tónica mantívose cunha tensión que creceu por momentos. Non foi ata o minuto 45 cando se viviu o primeiro estirón local cun parcial de 3-0 poñendo a máxima renda do partido (19-16).
Pero cando peor pintaba para o Teucro os de Javier Barrios devolveron o parcial con goles de Porto, Carlos García e García Pichel, con parada de sete metros de Juan Bar incluída, para volver empezar a falta de nove minutos.
O Teucro espertaba e da man de García Pichel e un inspirado Carlos García (8 goles) os azuis parecían poñer a directa cara ao triunfo (21-23). Só restaban tres minutos para a conclusión e Fran Teixeira víase obrigado a pedir un tempo morto que resultaría decisivo.
Á reanudación o Chapela logrou repoñerse para chegar ao último minuto con empate no electrónico (23-23). Cunha emoción propia dun duelo de rivalidade, os locais puxéronse por diante cunha pequena dose de fortuna tras aproveitar un rexeitamento a parada de Juan Bar, sorte que non tivo o Teucro nos 25 segundos que tivo para salvar un punto.
Esta vez, ao contrario que contra Valladolid en Copa e Benidorm en liga, a moeda da posesión definitiva saíu cruz certificando a segunda derrota da tempada para os pontevedreses, que a pesar de todo se manteñen na zona media-alta da clasificación dunha igualada División de Honra Prata.
SOLLA Y CÍA CHAPELA (24): Toño Lafuente, Adrián Blanco, Pablo Casal (2), Chema Cid (2), Iago Cuadrado (3), Enrique Fernández, Marco Fernández (1), Rubén Gómez (1), Fabián González (1), Fernando Martínez (2), Ángel Martínez, ÿscar Silva (4), Pablo Vidal (8), Pablo Domínguez.
SD TEUCRO (23): Juan Bar, César Armán (1), Chapela (2), Dorado, Borja Pedreira (1), Carlos García (8), García Pichel (5), Tomás Moreira (1), Carlos Pombo, Álex Pombo, Porto (3), Víctor Rodríguez (1), Miguel Sío (1), Cadilla.
Árbitros: Gardón Teixeira e Martín García. Excluíron a Pablo Casal, Iago Cuadrado e Pablo Vidal nos locais e a Cñesar Armán, Chapela e Víctor Rodríguez nos visitantes. Descalificaron a Marco Fernández no Chapela (min.37).
Marcador cada cinco minutos: 2-2, 5-4, 6-6, 7-7, 9-10, 11-11, descanso, 14-13, 16-15, 18-16, 19-18, 20-21, 24-23.
Incidencias: Gran ambiente no Pavillón Municipal de Chapela.