Marín recupera a carreira escolar Botón de Ancla
Por Redacción
A humanización da marinense Avenida de Ourense ofrece a posibilidade de gozar dun novo espazo urbano que permite a recuperación da celebración da tradicional Carreira Escolar Botón de Ancla.
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o de Urbanismo, Manuel Santos, presentaron esta mañá o cartel da actividade, que se desenvolverá o mércores 15 a partir das 10 horas e na que participarán cerca de 1.000 alumnos e alumnas dos centros educativos de Marín e do Colexio Juan Sebastián Elcano de Pontevedra.
A saída será á altura da baixada ao Parque Azul e os colexios irán saíndo agrupados por cursos. Ás 10 horas, correrán o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria; ás 10.20 horas, os de quinto e sexto; ás 10.40 horas, os de primeiro e segundo da ESO e ás 11.00 horas, os de terceiro e cuarto da ESO.
O alumnado de Primaria irá ata a entrada da Escola Naval, onde estará esa primeira meta, e os de Secundaria bordearán as pistas da Escola para cruzar a segunda meta, que estará 50 metros máis adiante. Despois, todos quedarán nos xardíns da escola, onde se lles dará un avituallamiento e haberá inchables.
Tal e como explicou o concelleiro, a Carreira Botón de Ancla, da que será a súa cuarta edición, naceu en 2017 en colaboración coa Escola Naval, que cumplía naquel momento os 50 anos da súa instalación en Marín.
Desta vez, non será posible facer categoría de adultos, na que corrían os guardiamarinas, xa que o alumnado da Escola Naval está embarcado.
Desde o Concello, lembran que a Avenida de Ourense é un exemplo de recuperación de espazo urbano para a cidadanía, conseguindo mellorar a mobilidade, crear novos itinerarios para bicicletas e anchear beirarrúas.
Relacionadas:
-
Éxito de participación na recuperada carreira escolar Botón de Ancla
Por Redacción |
-
A Universidade de Vigo e a Escola Naval Militar reafirman a súa colaboración a través da Cátedra Álvarez-Ossorio
Por Redacción |
-
Remo e atletismo no calendario do deporte escolar de Marín
Por Redacción |
-
Preto de 1.900 nenos participan na carreira escolar da Escola Naval
Por Nacho Fuentes |