Medio milleiro de piragüistas cítanse en Verducido polo campionato autonómico sénior e xuvenil
Por Manu Otero
O complexo deportivo David Cal de Verducido acollerá esta fin de semana o campionato autonómico de piragüismo sprint das categorías xuvenil e sénior. O evento, que reunirá no Pontillón do Castro a 462 padeeiros, foi presentado este xoves no Concello de Pontevedra polo presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
A competición comezará na mañá do sábado 18 coa competición dos piragüistas de categoría xuvenil e continuará o domingo coa categoría sénior.
En formato sprint, o compeonato coroará aos mellores deportistas galegos nas modalidades de C-1, C-2, C-4, K-1, K-4 e paracanoe.
Aínda que os piragüistas máis laureados non poderán participar polos seus compromisos internacionais, si que estarán na lista de saída numerosos padeeiros incluídos na preselección do equipo nacional. "O nivel é moi alto", salientou o mandatario da Fegapi, destacando a elevada participación en comparación con outras federacións territoriais nas que o número de licenzas non permite a realización de competicións autonómicas. "Estamos no top 10 de Galicia en canto a número de licenzas e subindo", remarcou Bea.
Neste sentido, o presidente recoñeceu que moitos clubs están a ter problemas para atender toda a demanda e cadrar os horarios de adestramentos de todos os seus deportistas. "Temos falta de espazo e non temos teito", felicitouse o dirixente.
Pola súa banda, Tino Fernández avanzou que nos próximos días haberá máis regatas en Pontevedra e destacou o nivel do campionato desta fin de semana porque "Galicia é unha potencia mundial en piragüismo".
Relacionadas:
-
O campionato autonómico sénior e xuvenil reuniu en Verducido a case 500 padeeiros esta fin de semana
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Adestradores de nove países falarán sobre piragüismo en Pontevedra en outubro
Por Manu Otero |
-
Manuel Fontán e Pablo Graña, quintos nunha Copa do Mundo marcada polo mal tempo
Por Redacción |
-
Claudia Couto queda ás portas do podio e Antía Jácome finaliza sétima na Copa do Mundo de Racice
Por Almu Dapena |
-
Éxito pontevedrés na Copa do Mundo de Racice: pratas para Adrián Sieiro, Teresa Portela e Carolina García
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
O C2 de Sieiro e o K4 de Portela e García, directos á final da Copa do Mundo
Por Manu Otero | Creada e actualizada