As 'xóvenes promesas' do piragüismo galego quentan motores en Verducido para o Campionato de España
Por Redacción
Vén unha intensa fin de semana de competición no Complexo Deportivo David Cal do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido.
A pista de piragüismo pontevedresa acollerá o Campionato Galego Sprint Infantil e Cadete, unha proba que servirá de aperitivo ao Campionato de España de Xóvenes Promesas para as mesmas categorías que terá lugar a final de mes nas mesmas instalacións.
No que respecta ao autonómico, segundo detallouse na presentación do evento, contará coa participación de 348 deportistas de 37 clubs.
A competición de canoa, kayal e paracanoe dividirase entre as probas infantís previstas durante o sábado 9 de xullo e as cadetes do domingo día 10.
Para o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Tino Fernández, acoller en Verducido este tipo de probas de base "parécennos formidable, non só polo atractivo da actividade económica que xera, que é importante, senón tamén por poñer en valor as nosas pistas deportivas e axudar a crecer e crear masa crítica no piragüismo pontevedrés", defendeu acompañado de Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo.
Bea definiu a fin de semana como unha "pedra de toque" para o Nacional "no que todo apunta a que, por primeira vez na historia do piragüismo nacional, superaranse os 1.000 padeeiros en distancias olímpicas, sendo Galicia a comunidade que máis deportistas vai achegar".
Relacionadas:
-
O piragüismo galego viaxa a Dinamarca para revalidar a súa hexemonía na longa distancia
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra, mellor club na Copa de España de Barco Dragón
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Baño de medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa Sprint Junior e Sub-23 de Belgrado
Por Almu Dapena |
-
Diagnosticadas de cancro de mama e competindo na Copa de España de Barco Dragón de Piragüismo
Por Redacción |
-
O campionato autonómico sénior e xuvenil reuniu en Verducido a case 500 padeeiros esta fin de semana
Por Redacción & Cristina Saiz |