Oitavo título nacional consecutivo para o tirador pontevedrés José Antonio Lema
Por Redacción
O tirador pontevedrés José Antonio Lema volveuse proclamar campión de España, por oitavo ano consecutivo, na modalidade de Tiro Olímpico Fclass a 1000 yardas nun campionato celebrado na localidade lucense de Parga.
En dous días de competición, a actividade comezou cunha sesión de adestramentos, para continuar o sábado coa sección clasificatoria na que cada tirador participou nun total de tres entradas consistentes en 22 disparos cada unha.
Ler o vento e as condicións atmosféricas resultan clave á hora de acertar no albo neste tipo de distancias e, un ano máis, a pontevedrés Lema volveu brillar para subirse todo o máis alto do podio.
O palmarés de Lema complétase con tres títulos autonómicos e o cetro europeo por equipos.