En marcha o segundo proxecto do Marín Futsal na Primeira División
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
Coa chegada do mes de agosto terminou o descanso para o Marín Futsal, que regresa ao traballo coas pilas cargadas e coa ambición de consolidarse na Primeira División.
O segundo proxecto marinense na máxima categoría deu comezo de maneira oficial este luns co seu primeiro adestramento no pavillón da Raña.
Baixo a dirección do novo adestrador do equipo, Ramiro Díaz, o Marín Futsal aspira a seguir crecendo, e así o demostran ambiciosas incorporacións como a campioa continental Ale de Paz ou as súas tamén compañeiras no Burela campión de todo, Lara Balseiro e Bea Mateos, ademais da brasileira Sara Santos.
A nómina de novidades complétana na portería Lucía Paz e a xuvenil Iria Varela, ambas as dúas procedentes do Poio Pescamar, e a ourensá Nuria Rodríguez.
En canto ao plantel, continúan un ano máis na entidade do Morrazo: Silvia Aguete, Ceci, Café, Pau, María León, Adri, Marta Gago e Inés Mayán.
Por diante o equipo dirixido por Ramiro Díaz ten agora un mes e dez días de preparación antes do primeiro partido de liga, previsto para a segunda fin de semana do mes de setembro.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal inicia a pretempada cunha derrota en Ourense
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de liga 22-23 para o Poio Pescamar e o Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
O Marín Futsal volve ao traballo o 1 de agosto
Por Redacción |
-
A brasileira Sara Santos, nova fichaxe do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Iria Varela cambia a portería do Poio Pescamar pola do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Talento novo para o Marín Futsal coas fichaxes de Nuria Rodríguez e Lucía Paz
Por Redacción |
-
Lara Balseiro, terceira fichaxe do Marín Futsal con 'ADN Burela'
Por Redacción |
-
O Marín Futsal 'pesca' tamén en Burela á súa segunda fichaxe, Bea Mateos
Por Redacción |
-
Ramiro Díaz, adestrador do Marín Futsal: "Nuestra ilusión es crecer y mejorar"
Por Almu Dapena |