O Pontevedra fai oficial a fichaxe de Jon Bakero por dúas tempadas
Por Manu Otero
O Pontevedra acaba de facer oficial a última hora desta tarde de martes a incorporación de Jon Bakero, que asina un contrato por dúas tempadas coa entidade de Pasarón.
O xogador de 25 anos chega libre despois de rescindir o seu contrato co Slavia Sofía, co que xogaba na máxima categoría do fútbol búlgaro desempeñando un notable rendemento, polo que era un dos xogadores favoritos dos fans deste club.
Bakero, que anteriormente xogou en Estados Unidos e Canada nas filas de equipos da MLS como o Chicago Fire, chega a Pontevedra para ampliar a competencia na liña ofensiva do equipo de Antonio Fernández.
O atacante desenvólvese principalmente polo centro do campo, nas posicións de ariete ou mediapunta.
Con todo, o conxunto presidido por Lupe Murillo ten actualmente ocupadas todas as fichas sénior que permiten as regras de competición, polo que para poder inscribir ao dianteiro nado en Sitges deberán dar a baixa a un dos actuais xogadores do primeiro equipo ou inscribir a un porteiro sub 23 para desbloquear unha ficha sénior adicional.
A modo de anécdota, Jon Bakero figuraba na lista errónea comunicada polo club á prensa coa relación de xogadores citados para iniciar os adestramentos co primeiro equipo granate no mes de xullo. Finalmente, a súa fichaxe fíxose realidade.
Relacionadas:
-
Un atrevido Pontevedra deixa un bo sabor de boca no arranque ligueiro contra o Alcorcón (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A fichaxe do porteiro sub 23 Viktor Nikolov desbloquea a inscrición de Jon Bakero
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra agarda a un Alcorcón "aspirante a campeón" con todos os seus reforzos dispoñibles
Por Manu Otero |
-
O plantel "máis caro" da era Lupe Murillo encoméndase á Peregrina para lograr "unha permanencia, un playoff ou un ascenso"
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra esgota todas as súas fichas sénior
Por Manu Otero |
-
Luís Martínez reforza a defensa do Pontevedra
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O senegalés Libasse Guèye, nova fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |