O Cisne supera o Atlético Novás e xa é finalista da Copa Galicia (26-21)
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán superou con solvencia ao Atlético Novás na semifinal da Copa Galicia disputada este sábado no Pavillón do Gatañal.
Comezou o partido de ti a ti, con ningún equipo capaz de irse con claridade no marcador e tomándose con calma cada chegada a área rival.
Pero pasado o primeiro cuarto de hora (7-7) o duelo pegou un cambio radical. O Cisne imprimiu unha marcha máis e creou un muro case impenetrable en defensa que se saldou cun parcial de 7-2 antes de chegar ao descanso, o que permitiu aos de Pontevedra irse máis ou menos tranquilos ao vestiario ao ter a final case no peto (14-9).
Despois do paso polos vestiarios o furacán cisneísta en ataque seguiu causando efecto na portería do Novás, que vía como cada lanzamento coábase no interior da portería e mostraba un 21-12 cando se alcanzou a medianía do segundo acto.
Agora si que estaba a final ao virar a esquina e os xogadores de Márquez relaxáronse en exceso. A eficacia en ataque diminuíu notablemente con tan só cinco goles en 15 minutos fronte aos nove do Novás, insuficientes para avanzar de fase.
Finalmente, vitoria do Cisne por 26-21 e billete a unha final na que se medirá ao Frigoríficos do Morrazo Cangas, que derrotou na outra semifinal ao BM Lalín por 32-23.
Relacionadas:
-
O Cisne redebuta en Liga Asobal este sábado contra o Anaitasuna de Quique Domínguez
Por Redacción |
-
O Cisne sucumbe ante o Cangas nunha agónica final da Copa Galicia (35-34)
Por Redacción |
-
Un tridente para agarrar a permanencia en Asobal
Por Redacción |
-
As probas descartan unha lesión grave no xeonllo de Bruno Vázquez, que estará dous meses de baixa
Por Redacción |
-
O Cisne buscará o sábado o pase á final da Supercopa Galicia fronte ao Novás
Por Redacción |
-
O Cisne gaña o Xiria e avanza a semifinais da Copa Galicia (28-37)
Por Redacción |