A Milla Urbana San Miguel, o regreso dun clásico do atletismo galego
Por Redacción
Tras dous anos sen celebrarse, a Milla Urbana San Miguel de Marín regresa a escena con ánimos renovados.
A popular proba deportiva organizada polo Club Atletismo San Miguel terá lugar o vindeiro sábado 24 de setembro.
Será na que é xa a súa XXIII edición, dando un punto deportivo a unha xornada de celebración en toda a vila.
Como en anteriores edicións todo transcorrerá nun circuíto habilitado na Avenida de Ourense, xunto á Alameda. Alí, a partir das 17.00 horas empezarán a competir os deportistas de categorías base,
Tras eles disputarase ás 18.30 unha carreira de 5.000 metros e a ás 19.10 horas a milla popular federada, antesala do prato forte, coas carreiras elite feminina (19.30 horas) e masculina (19.45 horas).