Canto custa unha medalla olímpica?
Por Mónica Patxot
Os sacrificios dunha nena de 16 anos en busca do seu soño, o custoso de conseguilo tendo mesmo que vivir nunha cidade diferente da da túa familia, ou o difícil de dixerir o éxito son algunhas das experiencias que Tania Lamarca, campioa olímpica en Atlanta 96 en ximnasia rítmica, conta no libro Lágrimas por una medalla.
O libro, escrito coa colaboración da xornalista deportiva Cristina Gallo, presentouse este mércores no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra nun acto organizado polo Ateneo.
Lamarca, que interveu mediante videoconferencia, puido ilustrar aos presentes sobre este proceso, incluídas as deportistas do Club Ximnasia Rías Baixas, encargadas de realizar unha exhibición no vestíbulo do edificio.