A Copa do Rei, unha oportunidade para o Cisne de recuperar sensacións
Por Redacción
Ao Club Cisne Balonmán non lle saíu practicamente nada na última xornada de liga contra o Bidasoa, encaixando a que foi a súa terceira derrota consecutiva en liga, pero sen tempo case para lamentarse chega unha nova cita para os pontevedrés.
O equipo adestrado por Javier Márquez aparca por unhas horas a Asobal para centrarse na Copa do Rei, coa visita este martes do Ángel Ximénez de Puente Genil ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Será unha oportunidade para recuperar sensacións nunha eliminatoria que se disputará ademais a partido único nunha semana que se completará o sábado en Cangas co derbi provincial.
Ambos os dous equipos enfrontáronse en liga na máxima categoría hai poucos días, o 30 de novembro, nun duelo apertado que finalizou con vitoria do Puente Genil por 34-32, unha igualdade que se espera tamén para o duelo copeiro.
A serie negativa do Cisne en liga contrasta coa dinámica contraria do seu rival, que chegará a Pontevedra tras sumar na pista do Sinfín cántabro o seu terceiro triunfo consecutivo.
O choque dará comezo ás 20.15 horas da tarde.
Relacionadas:
-
O Cisne di adeus á Copa do Rei superado polo Ángel Ximénez (24-32)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Noite aciaga do Cisne ante o Bidasoa no seu regreso ao Municipal (19-28)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Un mes de novembro sen descanso para o Cisne
Por Diego Espiño |
-
A Liga Asobal volve, por fin, ao Pavillón Municipal
Por Diego Espiño |
-
A coraxe non lle chega ao Cisne para sumar en Puente Genil (34-32)
Por Diego Espiño |