O karate trae ao Municipal a máis de 700 deportistas no Campionato de España Cadete, Júnior e Sub-21
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes enche esta fin de semana de karate co Campionato de España Cadete, Júnior e Sub-21.
A cita, que foi presentada oficialmente este venres no Concello de Pontevedra, desenvolverase ata o vindeiro domingo 27 de novembro coa presenza de 757 deportistas.
Deles 38 serán galegos, entre os que destacan os vinculados co Centro Galego de Tecnificación Deportiva como son Victor Mallo (número 6 da clasificación nacional sub-21 -60 kg), Nicolás Pinaque (número 2 sub-21 -67 kg), Lucía Guerrero (número 2 nacional sub-21 -68 kg e número 98 mundial), Simón Cancelo (número 7 nacional sub-21 -60 kg), Martina Soto (número 4 nacional júnior -59 kg), Eva Rodríguez (número 2 nacional júnior -48kg), Adrián Barcia (número 3 nacional júnior -68 kg) ou Alba Rocha (bronce na Liga Nacional 2022).
Ademais dos títulos nacionais o evento poñerá en xogo prazas para o Campionato de Europa do próximo ano 2023.
Na presenteción estiveron presentes os presidentes das federacións Española e Galega de karate, Antonio Moreno e Óscar Lafuente, ademais do concelleiro Tino Fernández e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.