Javi Otero e Yago Vázquez novidades no Pontevedra para o difícil partido das Somozas
Por Ramiro Espiño
Separados por só dous puntos na táboa clasificatoria, Somozas e Pontevedra son dous dos aspirantes a meterse entre os catro primeiros. Dous puntos en favor dos granates de diferencia, e o partido que xogarán o domingo en Pardiñas (17:00 horas), con arbitraxe de ÿscar Martínez Santos (Santiago), pode supoñer investir posicións, ou ben un pequeno colchón de puntos fronte a un rival directo, en caso de que os de Manu Fernández consigan vencer.
O equipo coruñés leva varias tempadas nas que parece custarlle máis gañar no seu feudo que a domicilio, onde obtén os mellores resultados. De feito en Pardiñas só conseguiu gañar tres partidos, aínda que o último o fixo con claridade e solvencia (3-1) fronte ao Deportivo B. Nos demais deixouse tres empates, sendo derrotado dúas veces (por Bertamiráns e Alondras.
Pero eses números non deben facer pensar en que será un partido doado para o Pontevedra. Todo o contrario, xa que o técnico local, Michel Alonso, conta cun bloque experimentado ás súas ordes, no que figuran tres xogadores como Álex Bao, Pablo Berros e Stefan, con pasado granate, ademais doutros con experiencia na categoría, e mesmo en categorías superiores, casos de David Franch, Roberto Baleato, Pablo Antas, Héber ou Luis Ángel.
Ademais, os de Manu Fernández viaxan co cansazo acumulado do partido xogado o xoves, ante o Ordes, que deixou pegada física, especialmente en dous xogadores: Santi Domínguez, cunha contusión no pé dereito e Candela, que tivo que ser substituído, por unha sobrecarga nos isquiotibiales. Non obstante, no último ensaio previo ao partido, que tivo como escenario Pasarón, os dous traballaron con case total normalidade, a pesar do cal o técnico decidiu dar descanso a Candela, para non o forzar, mentres que Santi Domínguez poderá xogar.
Pero non será o único cambio na lista de convocados en relación ao último partido, xa que o técnico optou por prescindir do central Miguel, para dar entrada a Yago Vázquez, mentres que a baixa de Candela será cuberta por Javi Otero, que regresa ao equipo despois dunha longa ausencia polas lesións que lle veñen lastrando dende o inicio de tempada.
Deste modo, a lista de 16 xogadores convocados está formada por: Edu, Paco, Adrián, Yago Vázquez, Pablo, David Feito, Caco, Pablo Lede, Moreira, Javi Otero, David Pérez, Richi, Luismi, Pablo Carnero, Santi Domínguez e Kevin Levis.
Quedan fóra, ademais dos xa citados Candela e Miguel, David García, por decisión técnica, Fran Fandiño, con sobrecarga no cuádriceps, Tubo, que continúa coa súa recuperación para intentar regresar en xaneiro e Benja, que ten unha rotura nos isquiotibiales.
A AFECCIÿN ACOMPAÿA O EQUIPO
O Pontevedra estará acompañado neste difícil desprazamento. A Asociación de Peñas conseguiu reunir o número suficiente de afeccionados para fretar un autobús que sairá o domingo ás 14:00 horas, dende o Pavillón Municipal dos Deportes, con regreso ao finalizar o partido. Os peñistas traballan para intentar que cada xornada o equipo conte co apoio dos seus seguidores nos partidos que disputan lonxe de Pasarón.
Relacionadas:
-
Paso atrás do Pontevedra que cae con xustiza (2-1) no campo do Somozas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada