Antonio Fernández: "Os meus xogadores fixeron un partido moi completo"
Por Almu Dapena
O técnico do Pontevedra CF, Antonio Fernández, mostrouse contento pola vitoria conseguida polo equipo este domingo en Alxeciras pero, sobre todo, porque "o plan partido saíu á perfección".
Gañar pasaba "por poñerse por diante, aproveitar algún erro que tivesen eles e ser nós", admitiu Fernández na habitual rolda de prensa de despois do duelo, destacando "unha solidariedade fantástica por liñas, estivemos xuntiños, roubamos e transicionado, e cando tiñamos que ter o balón cun xogador máis puidemos desnivelar a contenda".
E é que o Algeciras apenas tivo ocasións para inquietar a un Pontevera que fixo "un partido moi completo" no que buscou a vitoria e atopouna, achegándose un pouquiño máis ao seu rival na clasificación e collendo aire previo ao parón do Nadal.
Como en anteriores ocasións, o adestrador recoñeceu que a categoría é complicada na que "se sofre para gañar", pero "hoxe os meus xogadores fixeron un partido moi completo que lles deu a posibilidade de sufrir pouco", favorecidos a raiz do segundo gol que desnivelou o partido porque "eles perderon os nervios, nós estivemos máis tranquilos e soubemos xestionar a vantaxe"