Xornada de cros en Montalvo con preto de 1.500 escolares
Por Redacción
O Piñeiral de Montalvo, no Concello de Sanxenxo, foi escenario este mércores das probas do Campionato Escolar Campo a Través zonal do Salnés, do programa Xogade de fomento da actividade deportiva e hábitos saudables en idade escolar.
Na actividade participaron 1.482 escolares de 16 centros educativos da comarca, con carreiras de diferentes distancias para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Os centros educativos que participaron na xornada foron: CPR Plurilingüe Abrente (Sanxenxo), IES Francisco Asorey (Cambados), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñero (Cambados), IES de Meaño (Meaño), CEIP As Covas (Meaño), CEIP Viñagrande Deiro (Vilanova de Arousa), CEIP A Florida (Sanxenxo), CEIP Plurilingüe San Bartolomé (Vilanova de Arousa), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP de Castrelo (Cambados), CEIP Coirón Dena (Meaño), CEIP Valle Inclán (O Grove), IES Monte da Vila (O Grove), CEIP San Roque Corón (Vilanova de Arousa), CEIP Corvillón (Cambados) e CEIP Conmeniño (O Grove).
Ademais do concelleiro local de Deportes, Daniel Arosa, achegouse a gozar da xornada en Montalvo o secretario xeral para o deporte da Xunta, José Ramón Lete.