Os valores do deporte locen de novo na Illa das Esculturas
Por Redacción
A vixésimo sétima edición do Campionato Galego de Campo a través para persoas con discapacidade celebrouse este mércores pola mañá na contorna da Illa das Esculturas de Pontevedra.
Desde primeira hora da mañá, decenas de corredores de todas as idades pertencentes a club de toda a comunidade puxeron a nota de cor a un acontecemento que xa é todo un clásico no calendario do deporte pontevedrés e unha referencia no camiño cara á plena inclusión no deporte.
Ao longo da xornada celebráronse diversas probas, de dureza e percorrido adaptada ás distintas categorías para terminar coa clásica entrega de premios, presidida polo alcalde da cidade Miguel Anxo Fernández Lores, quen felicitou aos mellor clasificados, porque gañadores son todos os participantes.
Relacionadas:
-
Paseos en triciclo eléctrico adaptado para que gozar do Nadal non teña limitacións de idade
Por Redacción |
-
Persoas con discapacidade funcional aprenden a facer compras básicas en Cuntis
Por Redacción |
-
Carreira de emocións na Illa das Esculturas
Por Raquel Currás Martínez & Mónica Patxot |
-
O Campionato Galego de Campo a Través Adaptado regresa á Illa das Esculturas
Por Raquel Currás Martínez |