O Arosa mantenlle o pulso o Fabril con vitoria ante o Alondras (0-2)
Por Redacción
O Arosa visitou este domingo o campo do Alondras, onde gañou por 0-2 nun partido moi traballado polos arlequinados.
A historia dicía que o campo cangués dábaselle mal aos arlequinados, con tres derrotas e dous empates nos últimos enfrontamentos, pero está para rompela.
Enfrontáronse segundo contra decimosegundo, este último con moi pouca marxe co descenso e case obrigado a puntuar, e demostrou ser corrosivo para poñerlle as cousas difíciles ao Arosa.
Anotou o primeiro tanto Iñaki no minuto 23, rematando un centro desde a esquerda para adiantar aos visitantes.
Xa na segunda metade chegou a sentenza cun gol de Álex Rodríguez, que recibiu un centro desde a liña de fondo e enchufó a porta baleira.
Con este resultado, o Arosa mantenlle o pulso ao Deportivo Fabril, que gañou o seu encontro e continúa líder con 39 puntos, dous máis que os de Luisito.
Relacionadas:
-
O Arosa perde ante a Gran Peña cun menos, pero o Fabril tamén (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa sálvase e suma tres puntos contra o Viveiro (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa rescata un punto na súa visita ao Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa non pasa do empate contra o Estradense (1-1)
Por Redacción |
-
Empate sen goles entre Arosa e Deportivo Fabril na Lomba
Por Redacción |
-
Vitoria pola mínima do Arosa en casa dun Paiosaco peleón (0-1)
Por Redacción |
-
Martín Sánchez culmina a remontada do Arosa contra o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Empate agridoce na Lomba entre Arosa e Villalbés (1-1)
Por Redacción |