Abren o proceso selectivo para nomear ao novo médico do CGTD
Por Redacción
A xubilación do doutor Fernando Huelin deixou sen médico ao CGTD e obriga á Xunta a abrir un proceso selectivo para incorporar a un novo profesional.
O 1 de febreiro, a Xunta anunciou a apertura do concurso e desde o día 6 deste mes e ata o 10, os interesados no posto deben presentar as súas solicitudes.
O perfil do profesional que ocupará esta praza debe ter coñecementos e experiencia en medicina deportiva, nutrición ou cardioloxía, así como contar coa especialidade en médicina deportiva ou máster en materia de medicina deportiva.
Ademais, a asistencia a cursos de formación homologados, a experiencia acreditada en materia de medicina deportiva nutrición ou dietétiva; a posesión da especialidade en medicina deportiva ou o máster equivalente achegará puntos adicionais aos aspirantes.
Trátase dun proceso selectivo para o nomeamento como funcionario interino dun médico do subgrupo A1 e a duración do servizo será dun máximo de tres anos desde a toma de posesión.
O 20 de febreiro o Tribunal fará pública a relación definitiva de admitidos e excluídos coas puntuacións finais de cada un dos aspirantes.