O Burela deixa o Poio Pescamar fóra da final da Copa Galicia
Por Redacción
Final do camiño para o Poio Pescamar na Copa Galicia. As vermellas enfrontáronse este mércores ao Burela no pavillón de Príncipe Felipe de Pontevedra nas semifinais do campionato autonómico que se resolveu en favor das lucenses por un axustado 1-2.
Golpearon primeiro as visitantes, que se adiantaron no marcador por medio de Antía nos primeiros minutos de xogo. Puideron ampliar a súa renda as de Burela, pero non aproveitaron as súas oportunidades.
Si que o fixo o cadro conserveiro nunha xogada individual de Laura Uña por banda dereita que redondeou cun poderoso disparo que a exvermella Caridad non puido deter. O tanto deu ás ás locais, que se converteron en donas do choque nos instantes finais do primeiro tempo.
Tras o paso por vestiarios, o Burela volveu pisar o acelerador. Unha xogada colectiva entre Danny, Peque e Emily puido poñer de novo ao Burela por diante, pero Rocío salvou case baixo paus ás súas. Non tiveron tanta sorte na xogada posterior, na que Irene Samper converteu en gol un bo pase de Cilene.
Aínda quedaba tempo para voltear o marcador, pero o Poio Pescamar non tivo sorte. O traveseiro frustrou o tanto do empate de Anna e as de Luís López tiveron que conformarse coa pequena vitoria moral que supón volver plantar cara e xogar de ti a ti contra un dos grandes equipos da competición.
Na outra semifinal, o Marín Futsal foi capaz de derrotar a domicilio ao Viaxes Amarelle por 1-3 e disputarán a final da Copa Galicia contra o Burela.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar pon fin ao seu exilio pontevedrés para regresar á súa casa na Seca
Por Redacción |
-
Remontada e triunfo do Poio Pescamar sobre o Teldeportivo (3-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Repartición de puntos entre Alcantarilla e un Poio Pescamar incapaz de asaltar o liderado (2-2)
Por Redacción |
-
Reválida para o Poio Pescamar no seu asalto ao liderado, visita complicada para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar rescata un empate no derbi contra o Amarelle (2-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar promete espectáculo e entradas gratuítas á súa afección para celebrar o entroido
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Poio Pescamar ante un combativo Móstoles (3-4)
Por Redacción |