Juan Señor: "Paréceme desmesurado castigo para o mérito e esforzo que fixeron os meus xogadores"
Por Almu Dapena
A estrea de Juan Señor no banco do Pontevedra CF non tivo o comezo esperado, pero o novo técnico confía e cre absolutamente nos seus xogadores para pensar nunha posible salvación.
"Paréceme desmesurado castigo para o mérito e esforzo que fixeron os meus xogadores", analizou o técnico tras a derrota en Fuenlabrada, poñendo especial atención na decisión do colexiado de mostrar a primeira amarela a Luís Martínez, algo que "nos condicionou" ademais do posterior penalti e a súa cartolina vermella. "Díxenlles aos señores colexiados que teñan moita sorte en próximos partidos nas decisións e criterios que toman", apuntou.
En base a isto, Señor explica que "o xogador me di que non é de pitar penalti, o árbitro pode pensar que o hai, sanciónao, hai unha amarela, de acordo". Con todo, "o que condiciona é a primeira amarela no minuto cinco nun forcejeo entre dous futbolistas. Sigo dicindo que é moi bo o xogar ao fútbol para despois ser xuíz dun partido", critica o adestrador.
Tamén analizou o nivel de xogo dos seus xogadores e considera que "ata a xogada do penalti o rival xogou as súas cartas, rematou en dúas ou tres ocasiones e nós tamén. Chegamos quizais cun pouco máis de claridade. Creo que fixeron un grandísimo partido e a segunda parte é unha delicia e só podo felicitarlles".
En canto á formulación, o técnico zaragozano dixo que "non vai variar moito. Exerzo a miña primeira semana máis de psicólogo que de adestrador e crin conveniente iso. Eles axudáronme moito, partíronse a cara e vanlla a seguir partindo. Temos que tirar un pouco de psicoloxía porque volve ser outro pau pero tiraremos máis de argumentos para definir que a caste que teñen os meus futbolistas vai continuar. Se a iso engadímoslle outras cuestións que xorden no fútbol e que se nos escapan que sexan favorables, o equipo remontará".
"Expuxen optimizar as características dos meus futbolistas", engade Señor. "Demostráronme que son moi fortes despois de paus anteriores. Hoxe é un novo pau, pero o estado de ánimo e a capacidade de aguante é moito maior e temos tempo. Hai que seguir, non queda outra".