Tripla medalla de bronce para o TM Monte Porreiro no nacional de Xaén
Por Redacción
Xogadores do Tenis de Mesa Monte Porreiro participaron a pasada fin de semana no campionato de España no que conseguiron subirse ao terceiro banzo ata en tres ocasiones. Ademais, en Narón tivo lugar o autonómico xuvenil no que o equipo pontevedrés demostrou o nivel da súa canteira ao conseguir un total de sete metais.
No nacional celebrado en Xaén, Judith Cobas conseguiu a medalla de bronce na categoría sénior feminina. Mesmo resultado que alcanzou a sub 21 Claudia Canay e o alevín Matías Bentancor.
Ademais, no autonómico Laura Forte e Mariña García acabaron segundas no dobre feminino, mesmo logro que o conseguido por Emma Álvarez e Brais Díaz no mixto. Nesa mesma modalidade, Emma e Raúl Álvarez acabaron terceiros. Tamén levaron o bronce no dobre masculino Lucas Vidal e Raúl Álvarez, mentres que no individual Laura Forte e Lucas Vidal acabaron tamén en terceira posición.
Un zumarento botín que se completa con éxitos conseguidos en semanas anteriores como a medalla de ouro no Campionato de España Absoluto por Miguel Vílchez ou o terceiro posto do club na Copa do Rey.
Pola contra, na escuadra lerezana teñen a pena de que moitos dos seus deportistas quedáronse moi preto das medallas, o que demostra que este equipo aínda non tocou teito.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro deixa o seu selo no Torneo Internacional Cidade de Porto
Por Redacción |
-
O L'Escala rompe a serie de oito partidos sen perder do TM Monte Porreiro (4-1)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro supera o invicto Priego e sela a súa clasificación europea (4-1)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro arranca un punto na complicada cancha do Universidad de Burgos
Por Redacción |
-
Vílchez, do TM Monte Porreiro, proclámase campión de España absoluto no dobres masculino
Por Redacción |
-
O pavillón co que Pontevedra quere ser a referencia galega do tenis de mesa
Por Alejandro Espiño |