Juan Señor: "Non hai finais, dependemos de nós"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Juan Señor, tras a vitoria deste domingo ante o Córdoba, deixou claro que, "cando o equipo xoga con intensidade e compromiso, ponllo difícil a calquera rival".
E precisamente iso viuse sobre o terreo de xogo de Pasarón, un Pontevedra completamente dominador que atopou o camiño ao gol, mantivo a portería a cero, e sumou tres puntos vitais na loita por permanencia.
"Merecidamente sacámolo adiante", valorou o técnico granate. "Era o noso obxectivo, buscar o gol sen renunciar a el e tendo en cuenta ao pedazo rival que tiñamos", que se viu sometido por "o potencial que ten este equipo cando o seu compromiso polo esforzo e polo compañeiro é total".
"Creo que é un merecido triunfo non só para os afeccionados, senón para os xogadores", que se levantaron despois de caer para "seguir tendo un absoluto compromiso coa idea do míster", asegurou Juan Señor, que cre firmemente nos seus xogadores e só pensa no próximo partido. "Non hai finais, dependemos de nós. Os demais que vaian facendo, que vaian solucionando os seus temas, pero nós dependemos de nós e ese é o camiño".