Pablo Dapena evita poñer data ao seu regreso á competición: "O primeiro de todo é volver estar en forma e san"
Por Diego Espiño
As temidas lesións levan un tempo atormentando a Pablo Dapena e quitándolle a continuidade necesaria nun deportista de elite para chegar ao seu máximo rendemento.
A última, aos seus 35 anos, foi unha pequena fractura por estrés no terceiro metatarso do terceiro dedo do pé, que cortou en seco a súa preparación e privoulle de poder loitar por un dos seus principais obxectivos do ano, o Mundial de Longa Distancia que se celebra en poucos días en Eivissa.
Desde casa Dapena pelexa agora por recuperarse por completo, e faino sen poñer unha data para volver á competición. Así o explicou a través das súas redes sociais.
"Non hai datas de regreso, nin de volver competir, o primeiro de todo é volver estar en forma e san e a partir de aí valoraremos e decidiremos", afirmou.
A día de hoxe, revela, "as cousas marchan de maneira positiva", pero non foi así ao comezo da súa convalecencia, cando "camiñar un minuto e correr un minuto converteuse nunha centrifugadora de sensacións non demasiado positivas".
Por iso o primeiro é verse ao 100%. "Volveremos, seguro", defende con optimismo, e é que á tempada 2023 aínda quedan meses por diante e carreiras importantes nas que poder demostrar que segue sendo unha das grandes referencias do tríatlon nacional e internacional.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena e a cara B do deporte de elite: "Sentín ansiedade e a miña cabeza desconectouse do corpo"
Por Diego Espiño |
-
Vitoria de Pablo Dapena na súa volta á competición no Mallorca Olympic Triathlon
Por Diego Espiño |
-
Unha fractura nun dedo do pé pon en perigo o mundial de longa distancia para Pablo Dapena
Por Manu Otero |
-
Pablo Dapena e Cristian Fernández únense á Triarmada para o Mundial Multideporte de Eivissa
Por Redacción |
-
Pablo Dapena renova co equipo BMC: "Non me esperaba poder estar catro anos neste equipo"
Por Diego Espiño |