Pablo García, convocado para a proba de Bos Aires das Series Mundiais de Loita Praia
Por Redacción
Clasificarse para os Xogos Mundiais de Deportes de Praia que terán lugar en Bali (Indonesia) é o obxectivo esta tempada dun deportista pontevedrés, o loitador Pablo García.
O representante do Club Loita Pontevedra marcha actualmente no quinto lugar do ranking mundial de loita praia no seu peso (-80 fíos), e os oito primeiros da clasificación lograrán o billete para a prestixiosa competición mundialista.
Por diante García debe afrontar aínda dúas probas das Series Mundiais de Loita Praia, nas que defenderá a súa situación de privilexio.
A primeira delas, e para a que acaba de ser convocado para representar a España, é a que terá lugar o 7 e 8 de maio na capital arxentina, Bos Aires, para finalizar despois en Singapur no mes de xuño.
Na localidade suramericana estará tamén competindo outra deportista galega bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, como é Noelia Lalín (Keltoi Vila de Cruces) na categoría de +70 quilos. Lalín é tamén quinta na clasificación.