Fontecarmoa espera un Arxil lastrado polas baixas
Por Redacción
Coa incerteza rodeando a chegada da senegalesa Maimouna Diarra, coa que o Arxil espera cubrir o oco deixado pola xamaicana Tajay, e o contratempo de dúas importantes baixas, o Arxil afronta a volta á competición no pavillón de Fontecarmoa de Vilagarcía ante o Cortegada (sábado 19:30 horas).
As verdes chegan ao derbi por primeira vez por diante das súas veciñas, que suman unha vitoria menos, pero deberán enfrontarse a elas sen María Quiroga e María Alonso, que se perderán o que resta de tempada ao ter que pasar polo quirófano para solucionar os seus respectivos problemas no xeonllo.
Con este panorama, e aínda sen reforzo para o xogo interior, Mayte Méndez deberá botar man de Natalia Soage na pintura xunto á achega que poida realizar María Martínez.
Dende o club, aínda que se confía en arranxar o caso Diarra, pénsase ademais noutra xogadora para completar o equipo ata final de tempada.
Relacionadas:
-
Dous últimos minutos nefastos condenan o Arxil (85-78) na súa visita á cancha do Cortegada
Por Redacción |
-
Dobre derrota para o Arxil ante o Olivais portugués no Trofeo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Arxil decide esperar pola pivot senegalesa Maimouna Diarra a pesar dos seus problemas de visado
Por Diego Espiño |